No Centro de día estivemos a falar destas datas...
Uns lembrabamos facer cabazas para poñelas nas encrucilladas enriba dos muros e meter medo á xente, outras falamos do medo que nos deu a primeira vez que nos atopamos unha enriba dun muro :"Aih!!!Eu vin alí unha cousa que tiña uns ollos grandes e brillaban coma se fosen lucecús...co medo botei a correr polo camiño ", outros de ir o cementerio a acompañar á familia...
Algunhas dicíamos que "o baleirado ben valía para facer unhas chulas!!!
Vacíamolas todas!!!!!
Estivemos falando do Samaín e do significado das cabazas por estas datas...E como non podía ser doutro xeito, decoramos algunhas!!!!
Os antigos poboadores facianas para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos , ou calabazotes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario