jueves, 22 de noviembre de 2012

O MAGOSTO


CELEBRAMOS O MAGOSTO CON CASTAÑAS COCIDAS.....



E CON FLAN DE CASTAÑAS!!!!!










O QUE FIXEMOS COAS CASTAÑAS

Estivemos pelando as castañas para preparar o noso magosto






Algunhas teñen becho!!!






 Son grandeiras!!!





e así de limpiñas quedaron para cocelas e facer un flan!!!!!!!!






                          

viernes, 2 de noviembre de 2012

O 31 DE OUTUBRO E 0 1 DE NOVEMBRO

No Centro de día estivemos a falar destas datas...


Uns lembrabamos facer cabazas para poñelas nas encrucilladas enriba dos muros e meter medo á xente, outras falamos do medo que nos deu a primeira vez que     nos atopamos unha enriba dun muro :"Aih!!!Eu vin alí unha cousa que tiña uns ollos grandes e brillaban coma se fosen lucecús...co medo botei a correr polo camiño ", outros de ir o cementerio a acompañar á familia...



Algunhas dicíamos que "o baleirado ben valía para facer unhas chulas!!!




Vacíamolas todas!!!!!




 Estivemos falando do Samaín e do significado das cabazas por estas datas...E como non podía ser doutro xeito, decoramos algunhas!!!!




Os antigos poboadores facianas para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos , ou calabazotes.




miércoles, 24 de octubre de 2012

COMO NOS GUSTA O TAI CHI

Probamos a facer Tai Chi e que ben o pasamos!!!





O que comentamos foi que durmimos mellor ese día, nos sentimos máis relaxados, pensamos que é algo bó para os músculos e todos/as coincidimos en que queremos repetir...




RECORDANDO BOS MOMENTOS

OS MAIOS

Entre todos/as xuntamos moitas flores, pampullo, fiuncho, etc.



Nestes momentos estabamos confeccionando e adornando o noso maio...



E o celebramos como máis nos gusta cantando as coplas creadas por nós e outras que están na nosa memoria: 


Maio, maiño 
ponte de puntillas 
a ver se gañamos 
para unhas zapatillas 

O OUTONO XA CHEGOU

Neste outono no Centro de día Arela comezamos coa creación deste blog para compartir as actividades e momentos que vivimos no Centro de día...

Neste momento estamos coa preparación dun Magosto onde entre todos/as faremos algúns postres elaborados con castañas para compartir con aquelas persoas convidadas que se queiran achegar e será amenizado con cancións creadas por nós e outras coñecidas como: 

 
NON CHAS QUERO

Non chas quero, non chas quero castañas do teu magosto
non chas quero, non chas quero que me cheiran a chamosco ( BIS )

Ailalelo.......
Alá ven o gaiteiro.....

Vente vindo, vente vindo que eu xa me voy andando
fixen a cama con follas o vento vainas levando ( Bis)

Ailalelo....
Alá ven o gaiteiro....

Indo polo souto abaixo descubrín un ouriciño
hai que tres castañas levo do souto do meu veciño ( Bis)

Ailalelo....
Ala ven o gaiteiro....


O MAGOSTO DE ARELA

 
Temos un que é de Cabeiro
que nos trouxo as mellores
non eran de Cabeiro
que eran do Vixiadore

A Rosa apañou castañas
na Peneda e no Viso
que sorte que ela tivo
que todas están saniñas

En Arela todos xuntos
estivemos cociñando
fixemos un postre rico
e todos participamos








viernes, 5 de octubre de 2012

Nos somos Arela...


O CENTRO DE DÍA ARELA abriu a súas portas no ano 2006 tendo como principal obxectivo lograr a través da actividade psico-funcional, a readquisición dunha maior funcionalidade e unha mellor capacidade cognitiva, que aumente a autonomía e independencia dos nosos maiores, para obter unha mellor calidade de vida e benestar social e individual, o que redundará en mellorar o seu estado de saúde.