miércoles, 24 de octubre de 2012

COMO NOS GUSTA O TAI CHI

Probamos a facer Tai Chi e que ben o pasamos!!!





O que comentamos foi que durmimos mellor ese día, nos sentimos máis relaxados, pensamos que é algo bó para os músculos e todos/as coincidimos en que queremos repetir...




RECORDANDO BOS MOMENTOS

OS MAIOS

Entre todos/as xuntamos moitas flores, pampullo, fiuncho, etc.



Nestes momentos estabamos confeccionando e adornando o noso maio...



E o celebramos como máis nos gusta cantando as coplas creadas por nós e outras que están na nosa memoria: 


Maio, maiño 
ponte de puntillas 
a ver se gañamos 
para unhas zapatillas 

O OUTONO XA CHEGOU

Neste outono no Centro de día Arela comezamos coa creación deste blog para compartir as actividades e momentos que vivimos no Centro de día...

Neste momento estamos coa preparación dun Magosto onde entre todos/as faremos algúns postres elaborados con castañas para compartir con aquelas persoas convidadas que se queiran achegar e será amenizado con cancións creadas por nós e outras coñecidas como: 

 
NON CHAS QUERO

Non chas quero, non chas quero castañas do teu magosto
non chas quero, non chas quero que me cheiran a chamosco ( BIS )

Ailalelo.......
Alá ven o gaiteiro.....

Vente vindo, vente vindo que eu xa me voy andando
fixen a cama con follas o vento vainas levando ( Bis)

Ailalelo....
Alá ven o gaiteiro....

Indo polo souto abaixo descubrín un ouriciño
hai que tres castañas levo do souto do meu veciño ( Bis)

Ailalelo....
Ala ven o gaiteiro....


O MAGOSTO DE ARELA

 
Temos un que é de Cabeiro
que nos trouxo as mellores
non eran de Cabeiro
que eran do Vixiadore

A Rosa apañou castañas
na Peneda e no Viso
que sorte que ela tivo
que todas están saniñas

En Arela todos xuntos
estivemos cociñando
fixemos un postre rico
e todos participamos








viernes, 5 de octubre de 2012

Nos somos Arela...


O CENTRO DE DÍA ARELA abriu a súas portas no ano 2006 tendo como principal obxectivo lograr a través da actividade psico-funcional, a readquisición dunha maior funcionalidade e unha mellor capacidade cognitiva, que aumente a autonomía e independencia dos nosos maiores, para obter unha mellor calidade de vida e benestar social e individual, o que redundará en mellorar o seu estado de saúde.